La Muñeira de Chantada

Montaje fotográfico de la Muiñeira de Chantada en el que se puede ver la casa donde fue compuesta y fotos del pueblo de Chantada.

Historia-Muiñeira

Éstas atópanse na antiga Banda dos Ferraias que se formou alá polo ano 1865, sendo os artífices dela os irmáns ferraias de aí o nome Antonio e Manuel Fernández Fiunte alias (os ferraias).

Os irmáns eran naturais de Outeiro de Mariz, parroquia pertencente ó Concello de Chantada, na provincia de Lugo. Daquela era costume darlle nome as casas é este case sempre ó tomaba do apodo dos habitantes da mesma, polo que a casa donde vivían e impartían clases musicais e donde ensaiaba a propia banda é a casa dos Ferraias, sendo coñecida aínda na actualidade por tal nome.

Antonio tocaba o clarinete e Manuel a Tuba (Baixo), e xunto con iles tocaban os fillos de Manuel: Victorino que tocaba o clarinete, Teodoro a trompeta, Casimiro o Bombardino e Indalecio que tocaba ó trombón.

Victorino naceu en Outeiro de Mariz no ano 1880 e xa de moio cativo e coa música rondando pola casa, tivo moita inquietude musical, tanto é así que arredor dos 15 anos polo 1895 colleu papel e pluma, e intentou darlle forma a unha canción popular que o seu tío Antonio e o seu pai xunto co resto da banda tocaban de oído; forma habitual da época de interpretar.

A Muiñeira como tal, xa arreglada e ensaiada foi estreada no festa do San Juan de Veiga, parroquia limítrofe con Outeiro de Mariz.

Despois de popularizar a nivel local dita peza polo ano 1923 e coincidindo cando era director da Banda Teodoro o irmán de Victorino, nunha actuación na parroquia do Convento de Chantada no que tamén actuaron os Gaiteiros de Soutelo de Montes foi interpretada a Muiñeira, como queira que ós alí presentes así como os músicos de Soutelo lles abraiou a peza, animaron á Banda a que a tocase outra vez, así ata preto de seis veces mais, aproveitando os músicos de Soutelo para memorizar a melodía e así podela arranxar e adxuntala ó seu repertorio, cousa que fixeron e que se viu plasmada no ano 1928 cando os mencionados gaiteiros grabaron o seu primeiro disco no que incluíron entre outras pezas a citada Muiñeira de Chantada arranxada para Gaitas sendo esta a primeira grabación da peza, o que non quere dicir nin ditaminar nada da súa autoría coma se quere facer crer.

Na actualidade a Muiñeira de Chantada ven sendo a peza que cerra tódolos concertos da Banda de Música de Chantada xa que dende os comezos como xa se expuxo é preceptivo. Aínda que dende un aspecto persoal falta colaboración das entidades municipais para darlle unha maior notoriedade á autoría tan discutida da peza e que a maioría dos lugareños coñecen.

E por último e sempre dende unha opinión persoal, me fago unha pregunta, si como din por hai Avelino Cachafeiro de Soutelo de Montes foi ó autor da Muiñeira, ¿por qué en vez de chamarse Muiñeira de Chantada non á titulou Muiñeira de Soutelo?

Sen mais e soamente con ánimo de informar verazmente e sin ningún ánimo de lucro iste artigo foi feito para por en coñecemento un feito verídico e que me toca de cerca.

Roberto Meijide.

Banda Chantada

Casa de la Música

27500 Chantada (Lugo)

Galicia (España

info@musicaparatodos.com

Log in